Good morning!
Estivemos pensando
que ata o próximo mércores 6 de maio, non
subiremos nada o blogue posto que o venres é festivo e o luns é non lectivo. Deixámosvos a celebración do día das nais ,que tamén pode ser o día da vosa avoa ou dalgunha muller importante para vos.
Se algún de vos quere poder seguir practicando a lingua ,aquí tedes uns consellos para poder facelo.
Imos investigar nos iconos
que aparecen no blogue de inglés. Neles podedes atopar contidos de interese,diccionarios,contos,cancións,xogos..
Por outro lado, adxúntanse tamén uns apartados de reforzo e ampliación para Educación
Primaria con fichas descargables para os que queirades repasar as unidades xa explicadas na clase.
Lembrade,podemos PRACTICAR O INGLÉS DE FORMA LÚDICA algún ratiño durante
a semana.Todas as propostas son VOLUNTARIAS.
O noso consello é que investiguedes no blog durante estes días.
EXPLICACIÓN DO BLOGUE
DE INGLÉS:
Na parte superior tedes
a pestana de INGLÉS e a continuación
unha pestana para as ACIS E REFORZOS ,onde
vai traballo adaptado para este@s nen@s.
Para os que queiran AMPLIAR tedes AMPLIACIÓN DE TERCEIRO E AMPLIACIÓN DE CUARTO,onde
hai fichas imprimibles coas solucións.
Logo ,vemos dúas columnas laterais:
Na columna da esquerda hai un BUSCADOR das
cousas do blogue.
Debaixo vemos tres DICCIONARIOS,
un deles de pronunciación .
A WIKIPEDIA e unha zona de
recursos chamada EDULIM,onde podedes xogar.
Na columna da dereita tedes
os libros dixitais que empregamos este curso NEW
TIGER,onde como saberedes entramos poñendo TODOSALDRABIEN e de
contrasinal MEQUEDOENCASA.
Debaixo hai un icono de XOGOS E
RECURSOS DE OXFORD, onde tedes
libros dixitais desta editorial,xogos,recursos etc..
Logo tedes STORIES TO WATCH IN
ENGLISH,onde veñen contos e películas con subtítulos.
READ IN ENGLISH and STORIES TO READ,para que poidades ler contos e
libros en inglés.
USEFUL RESOURCES ,páxinas
con xogos para practicar o idioma.
SING AND GUESS and KIDS SONGS,para practicar o inglés cantando.
NATURE IN ENGLISH,páxina
de National Geographic,para os que vos gusten os visionados de animais e
aprender inglés ao mesmo tempo.
ARCHIVO DEL BLOG,nos
permite remitirnos aos contidos doutra semana do blogue de inglés.
Esperamos que vos gusten estas propostas. Iremos incluíndo se
vemos algo máis que vos poida resultar interesante. Voltamos o próximo
mércores día 6 de maio.
Have a nice weekend!