jueves, 30 de abril de 2020

Explicación do blogue de inglés .Xoves 30 de abril, 3º e 4º de primaria.


Good morning!
 Estivemos pensando que ata o próximo mércores  6 de maio, non subiremos nada o blogue posto que o venres é festivo e o luns é non lectivo. Deixámosvos a celebración do día das nais ,que tamén pode ser o día da vosa avoa ou dalgunha muller importante para vos.
Se algún de vos quere poder seguir practicando a lingua ,aquí tedes uns consellos para poder facelo.
Imos  investigar nos iconos que aparecen no blogue de inglés. Neles podedes atopar contidos de interese,diccionarios,contos,cancións,xogos..
Por outro lado, adxúntanse tamén uns apartados de reforzo e ampliación para Educación Primaria con fichas descargables para os que queirades  repasar  as unidades xa explicadas na clase.
 Lembrade,podemos   PRACTICAR  O INGLÉS DE FORMA LÚDICA algún ratiño durante a semana.Todas as propostas son VOLUNTARIAS.
 O noso consello é que investiguedes no blog durante estes días.

EXPLICACIÓN DO BLOGUE DE INGLÉS:

   Na parte superior tedes a pestana de INGLÉS e a continuación unha pestana para as ACIS E REFORZOS ,onde vai traballo adaptado para este@s nen@s.
Para os que queiran AMPLIAR tedes  AMPLIACIÓN  DE TERCEIRO E AMPLIACIÓN DE CUARTO,onde hai fichas imprimibles coas solucións.

Logo ,vemos dúas columnas laterais: 

  Na columna da esquerda hai un BUSCADOR das cousas do blogue.
Debaixo vemos tres DICCIONARIOS, un deles de pronunciación .
A WIKIPEDIA e unha zona de recursos chamada EDULIM,onde podedes xogar.

  Na columna da dereita tedes os libros dixitais que empregamos este curso NEW TIGER,onde como saberedes entramos poñendo TODOSALDRABIEN e de contrasinal MEQUEDOENCASA.
Debaixo hai un icono de XOGOS E RECURSOS DE OXFORD,  onde tedes libros dixitais desta editorial,xogos,recursos etc..
Logo tedes STORIES TO WATCH IN ENGLISH,onde veñen contos e películas con subtítulos.
READ IN ENGLISH and STORIES TO READ,para que poidades ler contos e libros en inglés.
USEFUL RESOURCES ,páxinas con  xogos para practicar o idioma.
SING AND GUESS and KIDS SONGS,para practicar o inglés cantando.
NATURE IN ENGLISH,páxina de National Geographic,para os que vos gusten os visionados de animais e aprender inglés ao mesmo tempo.
ARCHIVO DEL BLOG,nos permite remitirnos aos contidos doutra semana do blogue de inglés.

Esperamos que vos gusten estas propostas. Iremos incluíndo se vemos algo máis que vos poida resultar  interesante. Voltamos o próximo mércores día 6 de maio.  
Have a nice weekend!

No hay comentarios:

Publicar un comentario